Aves ameazadas de Galicia. Unha mirada sobre o estado actual da avifauna galega
A Sociedade Galega de Ornitoloxía celebra os vindeiros 11 e 12 de abril de 2026 a xornada "Aves ameazadas de Galicia. Unha mirada sobre o estado actual da avifauna galega". Esta xornada ten como obxectivo compartir e actualizar o coñecemento sobre as aves ameazadas de Galicia, ofrecendo un espazo para a reflexión e o debate sobre o seu estado de conservación, a normativa asociada e o seu grado de cumprimento, ameazas e medidas necesarias para a súa conservación.
|
|
Últimas novas
26.05.2026. Publicados os resultados do censo invernante de millafre real en Galicia durante o período 2024-2026. Podes descargar o informe nesta ligazón.
01.12.2025. O Comité Avifaunístico da SGO publica o informe correspondente ás observacións de aves raras en Galicia no ano 2021. Podes descargalo aquí.
20.02.2024. Publicado o informe do Comité Avifaunístico da SGO sobre observacións de aves raras en Galicia no ano 2020.
30.10.2023. Sociedade Galega de Ornitoloxía, Sociedad Española de Ornitología (SEO/BirdLife), e Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) veñen de presentar as correspondentes alegacións ao Proxecto de mellora para o aproveitamento en regadío das 42 captacións de augas subterráneas "A Limia 2022", polos graves impactos que podería causasr en espazos e especies protexidas. Ver nota de prensa.
09.03.2023. Crime perfecto fronte as costas galegas. A área mariña fronte ao noroeste da Península Ibérica é de extraordinaria importancia, a nivel europeo, atlántico e mesmo global, como corredor migratorio e zona de invernada para centos de milleiros de aves mariñas de ducias de especies. O recentemente aprobado Plan de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM), obviando de xeito inaceptable o principio de precaución, inclúe boa parte desas augas exteriores en 5 “Zonas de alto potencial para o desenvolvemento da enerxía eólica mariña”.
Este erro gravísimo precisa ser revertido. En aplicación do principio de “primeiro, investigación, e despois ordenación”, o POEM debería plantexar estudos e prudencia, e non situar esas “zonas potenciais para o desenvolvemento da enerxía eólica mariña” en lugares cuxa importancia para as aves podemos certamente supoñer. Consulta aquí o manifesto completo das entidades conservacionistas galegas.




